Castro Santome · Ourense
Como chegar, historia e imaxes de Castro Santome. Encaxado no val do río Loña, podemos atopar este conxunto histórico chamado Castro de Santome, pertencente á cultura castrexa, entre 2000 e 1000 anos antes de Cristo.
Como chegar a Castro Santome utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
Cerca da cidade de Ourense, encaxado no val do río Loña, podemos atopar este conxunto histórico denominado Castro de Santome, pertencente a cultura castrexa, entre 2000 e 1000 anos antes de Cristo. Neste castro podemos apreciar os restos de edificacións circulares e a base dunha torre de vixilancia dividida en dúas estancias, un castro estratéxicamente ben situado. Unha particularidade deste castro é que foi romanizado e ademáis das edificacións circulares propias da cultura castrexa, podense ver edificacións cuadrangulares propias dos Romanos. Outra particularidade deste asentamento é que se poden apreciar restos dun edificio de dúas plantas con escaleiras exteriores e unha especie de sistema de calefacción. O castro encontrase totalmente acondicionado, señalizado e con placas informativas.