Acantilados de Vixía Herbeira (Miradoiro Garita de Herbeira) · Cariño
Como chegar, historia e imaxes dos Acantilados de Vixía Herbeira (Miradoiro Garita de Herbeira). Cos seus 613 metros caracterízanse por ter a maior elevación sobre o nivel do mar en Europa continental.
Descrición
Os acantilados de Vixía Herbeira, cos seus 613 metros caracterízanse por ter a elevación máis alta sobre o nivel do mar de Europa continental.
Situados na Serra da Capelada, entre os concellos de Cariño e Cedeira (A Coruña), estes acantilados tamén son os cuartos en termos de altura máxima. No mesmo municipio está o Cabo Ortegal, onde poderemos atopar as rochas máis antigas de España e as cuartas a nivel mundial neste ámbito.
Na área máis alta da montaña, a poucos metros do precipicio cunha pendente do 80%, atopamos a Garita de Herbeira, unha cabana de pedra antiga, que foi construída no s. XVIII e que pola súa ubicación estratéxica, serviu como posto de vixilancia marítima de toda a costa. A paisaxe non vai deixar-nos indiferentes grazas á particularidade de que se pode ver o mar batendo contra as rochas furiosamente, pero por mor da altura e da distancia á que nos atopamos non sseremos capaces de oílo. Esta paisaxe é un deleite para os visitantes, porque poden ver un fermoso panorama das puntas de Robaliceira e Tarroiba así como do Océano Atlántico.
Actualmente esta zona é un parque eólico ó cal pódeselle saca-lo máximo partido grazas aos ventos fortes que sacoden a área.
Cómo chegar ós acantilados de Vixía Herbeira
Podemos chegar á zona tanto en coche como en autobús, e para os que aman o senderismo tamén se pode acceder a pé. Unha vez na zona para acceder ao miradoiro, só se pode facer a pé.
Para chegar a Cedeira a uns 16 km. hay que ir pola estrada sinalizada para San Andrés de Teixido e cando cheguemos ó cruzamento entre San Andrés de Teixido e Cariño, tomar a estrada para Cariño.Pasaremos por Teixedelo e o parque eólico. A 3 kilómetros desta área atoparemos o miradoiro da garita