Atopar lugar, municipio... PECHAR MENÚ Subir

Museo do Pobo Galego · Santiago de Compostela

Como chegar, horarios e prezos do Museo do Pobo Galego. Este museo está situado no antigo convento de Santo Domingo de Bonaval, ten seccións de arqueoloxía, pintura e escultura galegas, entre outras.

Ir a google mapsComo chegar a Museo do Pobo Galego utilizando Google Maps · Ver mapa

Descrición

Este museo está situado no antigo convento de Santo Domingo de Bonaval, situado no limite monumental da cidade, ao lado do Centro Galego de Arte Contemporánea. Nel existe un amplio e variado conxunto de pezas que ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia, nas suas salas mostranse diversos aspectos do mundo do mar, os oficios tradicionais, o campo, a indumentaria e a arquitectura popular. Tamén dispón de seccións de arqueoloxía, pintura e escultura galega.

Horarios e prezos do Museo do Pobo Galego

A entrada xeral é 3 €, para maiores de 65 anos e estudiantes o prezo será 1 €. Para socios do museo, menores de 16 anos e traballadores en paro a entrada é gratuíta. Grupos a partir de 8 persoas a entrada será 2 € por persoa. Visitas a exposicións temporais e domingos é gratis.

De martes a sábado aberto de 10:30-14:00 e 16:00-19:30.

Domingos e festivos aberto de 11:00-14:00.

Luns pechado.

Hoteis en Santiago de Compostela, cerca de Museo do Pobo Galego

Abrir menú