A cova do Rei Cintolo · Mondoñedo
Como chegar, historia e imaxes da Cova do Rei Cintolo. É a máis grande de toda Galicia, cos seus 7500 m de lonxitude; no seu interior atopamos unha fantástica galería de paisaxes, un pequeno lago e ríos subterráneos.
Como chegar a A cova do Rei Cintolo utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A cova do Rei Cintolo, é a que ten maior tamaño de toda Galicia, cos seus 7500m de lonxitude, localízase en Supena (na parroquia de Argomoso).
No seu interior atopámonos cunha fantástica paisaxe de salas e galerías, e mesmo, un pequeno lago e ríos subterraneos. É una cova ao natural, case virxe. A cova está distribuída en 3 galerías que ensinan ao visitante curiosas formacións xeolóxicas moldeadas pola auga . Conta con máis de 6000m de lonxitude de galerías nas que se atopan estalagmitas, estalactitas, coadas e columnas facendo que sexa a cova calcárea de maior tamaño Galicia. No interior da cova atoparémonos co rio Celtas e un pequeno lago.
A lenda do Rei Cintolo
A lenda di que moito tempo antes de que se fundase a actual vila de Mondoñedo existía una zona denominada Bría, e preto de onde se sitúa este pobo na actualidade, había un enorme castelo no que vivía un dos reis con maior riqueza de toda a comarca. O castelo que mencionamos era a morada do Rei Cintolo.
O Rei Cintolo Tiña unha única filla dunha gran fermosura, nobre corazón e amada por tódolos subditos do seu pai. Chamábase Manfada.
Ademáis da nobreza e a beleza de Manfada, había un factor determinante para os homes que a pretendían, a riqueza do seu pai o rei. por este motivo non eran poucos os pretendentes da princesa, cousa que nin ó rei nin á princesa agradaba ademáis da condiciñon de cabaleiros destes homes posto que accederan a tal título grazas a traicións, enfrentamentos en batallas e asasinatos.
Por iso o Rei non tiña demasiada prisa en que a princesa atopara marido. Certo día chegou a Bría un xove Conde de nome Hollvrudet, éste non traía moito séquito como era común que o fixeran os que pretendian á princesa Manfada, pero rápidamente gañou o interese dela grazas á súa cordialidade e simpatía.
Manfada de seguida sentiuse atraída por él xa que era aposto, xove e, a diferencia do resto, non se caracterizaba polos seus asasinatos sanguinarios ou pola súa brusquedade. O Rei aprobaba a relación e ata consideraba como posibilidade a idea do casamento entre o Conde e Manfada.
Pero ós poucos días chegou a Bría un numeroso séquito de homes armados a cabalo e diversas trompetas que anunciaban a súa chegada. O rei Tuba provinte de Oretón.
Tanto o Rei Tuba coma os seus cabaleiros acamparon no lugar como se se tratara dunha ocupación dunha praza por un exército de guerreiros, mandou varias cartas ó Rei Cintolo comunicándolle as súas intencións de casar coa princesa e lle informaba á vez que de non ser recibido inmediatamente, tomaría pola forza o castelo e levaríase á princesa Manfada.
Ante tal ameaza o medo dominou ó reino enteiro. Ningún sabía ben qué facer e foi o Conde Hollvrudet quen, por amor á princesa, ofreceuse a combatir con Rei de Oretón polo que mandou unha carta retándoo a duelo.
R rei tuba, era gordo e con pouca habilidade en canto ás armas, pero poseía un don. Era un vedoeiro ou bruxo polo que a súa arma de combate sería un conxuro. polo tanto, chamou a un grupo de bruxos para que o acompanasen e xuntos tramaron un encanto que consistia en sepulta-lo castelo enteiro baixo terra para enterrar o reino enteiro.
O conde conseguiu saír tralo sepultamento e dar co Rei Tuba para darlle morte atravesándoo cunha espada. Cando volve ó castelo, comproba con espanto que éste fora absorvido por un xigantescoburaco que se abría baixo os seus pes.
Veloz, meteuse no buraco pero só conseguiu ver correntes de auga, algunhas extranas columnas e animáis tales coma serpes ou lechuzas, pero por desgracia non quedaba nin rastro das xentes do castelo. O castelo coa princesa Manfada dentro del, desaparecera dentro desa enorme cova e dende entón nada se soubo do seu paradeiro.
Dícese que dentro da cova está a princesa pero ésta non pode escapar porque un deses bruxos que acompanaban ó Rei Tuba, tenna apresada e unicamente a deixa saír cada medianoite durante uns minutos, intre no que ela aproveita para dar busca ó seu amado polos arredores. Pola zona a xente di que se un pasa polo lugar a medianoite, poderá vela, pero na entrada da cova estará o bruxo espectante, controlándoa, e se ve a outra persoa capturaráa e a fará prisioneira dentro da cova.
historia
Dende fai moitísimos anos a cova estivo moi ligada ós estudos arqueolóxicos e así foi descuberta por un pioneiro deses estudos: Xosé Vilaamil e Castro.
En 1873 Xosé Vilaamil publicou o primeiro plano da cova do Rei Cintolo en Antiguedades prehistóricas e celtas de Galicia, e dito plano fíxoo da zona superior, o Sector Central e que ocupa uns 300m de percorrido.
Anos despois en 1946 deuse a noticia do descubrimento dun puñal que Xosé Trapero Pardo calificou de Celtíbero pero que grazas ós estudos feitos a posteriori encuadráronno a finais do medievo. Pouco máis tarde atopouse a punta ducha frecha ttallada.
Oito anos máis tarde, no 54 faise unha exploración en maior profundidade por parte de Clube de Montañeiros Celtas e atopa unha partebastante grande da cova que se coñece na actualidade. Entre os descubrementos que levaron a cabo compre destacar o do Río Celtas, ó que bautizaron así aludindo ó nome do seu propio clube.
Durante os primeiros anos da década dos 70, atopáronse unha serie de restos pertencentes a un mesmo individuo de fináis do Paleolítico Superior. En 1979 para protexer a cova do vandalismo (e da posible expropiación de restos antigos, instalouse unha verxa que a día de hoxe continúa ás portas da cova do Rei Cintolo. Esta medida tamén prevé que xente sen experiencia nin seguridade acceda á cova e ocorra un accidente.
En 1989, María José Soto Barreiro y P. Pumarejo Gómez fixeron unha campaña de valoracións arqueolóxicas nas cavidades da zona. É aqui cando se engade ó Rei Cintolo pero non se dan conclusións relevantes sobre a zona no estudo.
En 2003 R. Villlar Quintero, fai unha valoración do Sector Central da cova. Estes traballos resultaron na constatción de restos de ocupación no póritco da entrada e verificouse a existencia de un fogar na galeria menor así como tamén de pequenos grabados que inician un debate sobre se os realizou a man do home ou as zarpas dos osos por ser un lugar adecuado para que os habitasen segñun opinións.
Horarios e prezos da Cova do Rei Cintolo
É importante comentar que a única forma de acceder ás covas é mediante visitas guiadas previamente concertadas na oficina de turismo. O prezo soe ser de 15€ aínda que é recomendable informarse antes de ir por se hai variacións nas tarifas e a duración da visita é de arredor dunha hora e carto xa que son uns 300m de percorrido polo Sector Central.
Curiosidades
A Cova do Rei Cintolo é un lugar catalogado como Xacemento de tipo Paleolítico pola Dirección Xeral de Patrimonio.