Atopar lugar, municipio... PECHAR MENÚ Subir

Pozas de Melón · Melón

Como chegar, opinións e imaxes das Pozas de Melón. Son un lugar máxico para visitar sen dúbida. Durante a tempada de verán podemos gozar dalgunhas destas pozas de melón de auga cristalina pura.

Ir a google mapsComo chegar a Pozas de Melón utilizando Google Maps · Ver mapa

Descrición

As Pozas de melón son un lugar máxico que tes que visitar sen dúbida. Estas Pozas están cheas de auga grazas ó cauce e ás numerosas fervenzas do río Caves, que ten o seu nacemento na Serra de Faro de Avión, de aproximadamente 1.000 metros de altura.

Durante a tempada de verán podemos gozar dalgunhas Pozas de auga cristalina e pura, aínda que a súa beleza e pureza é directamente proporcional ao frío das súas augas, axeitado para quen soporta temperaturas baixas para tomar un baño.

Hai tamén unha ruta curta pero con desnivel para os entusiastas do senderismo.

Cómo chegar ás Pozas de Melón

Podemos acceder ás pozas de dous xeitos:

Na parte superior é o xeito máis sinxelo de acceder ás Pozas máis fermosas. Continuando pola antigua N120 en dirección A Freixa poderemos apreciar varias pontes así como a máis espectacular e vertixinosa das fervenzas.

Pola parte inferior debeste dirixir á A52 dirección Ourense e coller a saída que pon Melón. Máis tarde no cruce que atopamos debemos dirixirnos á dereita e inmediatamente atoparemos un sinal indicativo cara ás Pozas.

Curiosidades das Pozas de Melón

Para os que aman a arquitectura recomendamos non deixar sen visitar o mosteiro de Melón, a 3 minutos en coche das Pozas.

Desafortunadamente, os incendios ocorridos en outubro de 2017 deixaron unha gran marca sobre a paisaxe que se está recuperando lentamente.

Hoteis en Melón, cerca de Pozas de Melón

Abrir menú