Atopar lugar, municipio... PECHAR MENÚ Subir

Fervenza do Belelle · Neda

A fervenza do Belelle ten unha caída de auga de 45 metros. Son augas de indubidable beleza pola súa caída libre, entrando en estreitos vales naturais formando varios saltos e fervenzas.

Ir a google mapsComo chegar a Fervenza do Belelle utilizando Google Maps · Ver mapa

Descrición

A fervenza do Belelle ten unha caída de auga de 45 metros. Son augas de indubidable beleza pola súa caída libre, entrando en estreitos vales naturais formando varios saltos e fervenzas. É unha das fervenzas máis espectaculares e fermosas de Galicia, aínda que unha das máis descoñecidas.

O río Belelle nace no Parque Natural de As Fragas do Eume e chega ao mar pola Ría de Ferrol. É unha paisaxe de gran beleza con moita fauna e vexetación. O río ten un caudal durante todo o ano, pero durante o inverno e o outono aumenta, sendo o mellor momento para visitalo.

Como chegar a Fervenza do Belelle

Para chegar hai que tomar a estrada AC-121, que vai entre Viladonelle e Neda ata O Roxal, onde está a estrada de Isabel II. Despois tes que ir á esquerda cara a unhas ruínas de pedra que antes eran muíños. Debe tomarse unha pista estreita ata chegar a central hidroeléctrica. Despois de atorparse ca central, será máis sinxelo chegar á fervenza polo camiño que se pode observar.

Curiosidades

O río bordea o monte de Marraxón e encádrase nun valado e estreito val creando un espazo de grande interese natural.

Na fervenza e os seus arredores atopas un camiño que se emprega en varias rutas de sendeirismo.

A fervenza do Belelle é un sitio turísticamente coidado, só pensa en gozar e preservar a súa paisaxe. Hai unha central hidroeléctrica que forma parte do río cunha canle de auga, que vai ao punto onde está situado o monte de Marraxón. Isto axuda desde principios de século a dar electricidade á cidade.

Hoteis en Neda, cerca de Fervenza do Belelle

Abrir menú