Fervenza (Seimera) de Vilagocende · Fonsagrada
Como chegar, opinións e imaxes da Fervenza (Seimera) de Vilagocende. Esta fervenza, cos seus aproximadamente 50 metros de altura, é unha das dúas fervenzas máis grandes de Galicia.
Como chegar a Fervenza (Seimera) de Vilagocende utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A Fervenza de Vilagocende, cunha lonxitude aproximada de 50 metros, é unha das maiores fervenzas de Galicia. A competencia polo primeiro posto está moi reñida entre ésta e a "Fervenza do Toxa en Silleda".
Situado no municipio de Fonsagrada, en Lugo é un dos imprescindibles para os amantes da natureza galega. O concello habilitou unhas pasarelas feitas de madeira para poder aproximarse o mellor posible e con seguridade á fervenza.
Para chegar á fervenza hai que facer unha pequena ruta de pouco máis de 1 km a pé. Camiñando entre varias pasarelas de madeira atopamos a fermosa caída libre das augas do río Porteliña que compoñen a fervenza.
Atravesando a ponte podemos acceder á base da fervenza e observar a súa espectacular paisaxe rodeada por un bosque de carballos, ameneiros e bidueiros.
Tamén hai a posibilidade de visitar un miradoiro situado na parte superior da fervenza que nos ofrece unha impresionante vista panorámica dende outra perspectiva. Para volver ó punto de partida teremos que volver polo mesmo camiño.
Cómo chegar á Fervenza (Seimera) de Vilagocende
Para chegar ao punto onde se forma o camiño debe dirixirse ata o municipio de Fonsagrada e, unha vez que chegamos pola LU-530, teremos que tomar un desvío á dereita cara a LU-721 en dirección á vila de Vilagoncede. Aproximadamente a 300 metros poderemos deixar o coche e atopar o sinal que indica a Seimeira de Vilagocende.
Curiosidades
Seimeira é o termo usado nesta zona fronteiriza con Asturias para referirse á fervenza.