Atopar lugar, municipio... PECHAR MENÚ Subir

Fervenza Pozo da Ferida · Viveiro

Como chegar, historia e imaxes da fervenza Pozo da Ferida. É unha impresionante fervenza natural de aproximadamente trinta metros, nacida do río Xudreiro, afluente do río Landro.

Ir a google mapsComo chegar a Fervenza Pozo da Ferida utilizando Google Maps · Ver mapa

Descrición

O "Pozo da ferida" é unha sorprendente fervenza natural de aproximadamente trinta metros, nacida do río Xudreiro, afluente do río Landro (que forma a ría de Viveiro). A medio camiño atópase o río Xudreiro formando esta espectacular fervenza.

Este salto, situado no concello de Xove, está nun fermoso contorno de augas cristalinas que forman unha piscina circular ós seus pés. Dende a cima da fervenza pódese ver unha fermosa presa, que anteriormente proporcionaba auga a unha pequena central hidroeléctrica situada na parte inferior. Rio abaixo a poza da fervenza fíltrase por unha serie de rápidos, nun lugar impresionante cheo de eucaliptos.

O Pozo non pertence a ningún espazo natural protexido, sen embargo, está situado entre dous: a LIC de Monte Maior e a LIC do río Landro.

O nome da fervenza de Pozo da Ferida ten a súa orixe nunha lenda cada vez menos coñecida e recordada. Din que a tonalidade das augas é semellante ó ton do esterco ca que antaño caeu nel unha vella xigante de rodillas cun "feixe de mulime" (manoxo moi grande cheo de vexetais cortados que se adoitaba usar para botalo nos cortellos dos animais, para eliminar a humidade e facer esterco) e desde entón nunca máis pudo levantarse.

Cómo chegar á Fervenza Pozo da Ferida

Chégase pola estrada de Viveiro a Mondoñedo, onde se colle un desvío a Valcarría, preto de Chavín. A partir deste punto, a fervenza atópase ben sinalizada e o acceso é sinxelo. También pódese acceder dando un paseo desde a Casa do Batan, seguindo o curso do río Loureiro, que bordea a finca da a pouco máis de 6 quilómetros de ésta, atópase este paraxe natural de incrible beleza.

Hoteis en Viveiro, cerca de Fervenza Pozo da Ferida

Abrir menú