Atopar lugar, municipio... PECHAR MENÚ Subir

Castro de Penalba e Pedra da Serpe · Campo Lameiro

Como chegar, historia e imaxes de Castro de Penalba e Pedra da Serpe. Este castro ten 2 terrazas: a inferior que está rodeada por un muro defensivo e a superior na que atopamos unha ermida do s. XVIII.

Ir a google mapsComo chegar a Castro de Penalba e Pedra da Serpe utilizando Google Maps · Ver mapa

Descrición

O Castro de Penalba está situado na parte superior do monte Agüeiros, nunha pequena montaña de granito de aproximadamente 430 metros de altura. Este castro ten 2 terrazas: a inferior, que está rodeada por unha muralla defensiva de pedra que ademais de defender, contiña a terra para poder facilita-lo asentamento, e a parte superior, onde atopamos unha capela de s. XVIII dedicada a San Antoniño de Peñalba e a famosa "Pedra da Serpe".

As ermidas eran un xeito de cristianizar os ambientes pagáns, como era o caso do Castro de Peñalba cuxas orixes remontan ao s. IX antes de Cristo.

A antigüidade do mesmo, podémola coñecer grazas aos descubrimentos de cereais e sementes queimadas debido a un incendio que se produciu durante o período de ocupación do castro. Para os seus habitantes, este incendio foi devastador e, de feito, anos despois o forte foi de novo configurado coas súas paredes e terrazas para unha mellor ocupación. Non obstante, non permanecerían moito tempo aquí xa que a poboación trasladouse ao Castelo dos Mouros, a uns 1200 metros ao oeste.

Pero, certamente, ademais da historia en torno a este forte, un dos detalles máis característicos deste asentamento é a gran pedra no cumio sobre unha lousa de granito na que se pode ver unha fermosa vista do Campo Lameiro e as terras do río Lérez.

Nesa pedra é representada mediante un gravado, a figura dunha serpe de aproximadamente 2m de lonxitude, aínda que existen expertos na materia que postulan que hai dúas serpes no momento do apareamento e non unha. Este máxico e mitológico animal para a cultura castrexa, foi utilizado pola sociedade da época para mostrar a súa ideoloxía de forma simbólica: Segundo a lenda "As parellas que querían fillos, pero non tiñan ningún, tiñan que ir a noite de San Xoan cunha ofrenda de leite para as cabras e ademáis tiñan que copular enriba da pedra ".

A serpe é unha representación moi común no arte galego, e a Pedra da Serpe é unha das máis antigas, en realidade, este grabado sería feito no inicio da Cultura Castrexa, sobre os séculos VIII- VII d C.

Cómo chegar

Para acceder a este marabilloso castro e á Pedra da Serpe hai que dirixirse ata o municipio de Campo Lameiro en Pontevedra. Teremos que tomar a PO-221 a través da rúa Bernardo Sagasta por uns 800 metros, logo xirar á esquerda e despóis a uns 150 metros xira á dereita. Finalmente, despois de 450m viraremos á dereita e despois duns 250 metros atoparemos o noso destino.

Curiosidades

É interesante saber que Campo Lameiro é o fogar dalgúns dos maiores gravados rochosos do noroeste peninsular.

Hoteis en Campo Lameiro, cerca de Castro de Penalba e Pedra da Serpe

Abrir menú