Talaso ao aire libre · Baiona
Como chegar, opinións e imaxes de Talaso ao aire libre de Baiona. O 20 de outubro de 2018 inaugurouse o primeiro talaso ao aire libre en Galicia. Para aqueles que non estén familiarizados, o termo ten orixe grega e o seu significado é mar.
Como chegar a Talaso ao aire libre utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
O 20 de outubro de 2018 inaugurouse o primeiro talaso ó aire libre en Galicia. Para os que non están familiarizados, o termo ten orixe grega (thalassa), e o seu significado é "mar". Neste caso o termo refírese a instalacións apropiadas para tomar baños terapéuticos por chorros de diferentes presións coa peculiaridade que neste caso a auga utilizada non é doce, se non extraída directamente do mar.
Na auga do mar atópante tódolos minerais presentes na táboa periódica, con compoñentes esenciais para as persoas que axudan non só o coidado da pel, senón o coidado do sistema muscular, vascular, nervioso e respiratorio .
Esta instalación está situada onde se localizou a antiga granxa de langosta de Monte Boi do século XIX, unha interesante piscina feita de pedra que só se podía ver como un recordatorio do que foi, antes da súa reutilización.
Cómo chegar ó Talaso ó aire libre
Realizando unha tranquila camiñada polo paseo do Monte Boi atoparémonos coa antiga área Cetárea de Serápio. Aquí é onde se habilitou o Talaso de Baiona ó aire libre
Horario e prezos do Talaso ó aire libre
Este fantástico Talaso é de uso gratuíto para os lugareños e visitantes por igual. Non obstante, o seu uso está suxeito ós meses comprendidos entre abril, mes no que se realiza a instalación e outubro, que é cando se desinstala o Talaso. Os motivos son lóxicos: non tería sentido manter estas instalacións activas no inverno porque poucas persoas ou ninguén se atrevería a usalo, pero o motivo máis importante é o risco de que as grandes tormentas que afectan a zona fóra desa tempada poidan destruír a instalacións.