Escultura O Sireno · Vigo
Como chegar, historia e imaxes da Escultura do Sireno. Se hai un monumento por excelencia en Vigo é O Sireno. Obra do escultor Francisco Leiro que curiosamente é unha das máis antigas da cidade e á súa vez unha das máis modernas.
Como chegar a Escultura O Sireno utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
Se hai un monumento por excelencia en Vigo, éste é O Sireno. Obra do escultor Francisco Leiro é curiosamente unha das máis antigas da cidade e, á súa vez, un dos máis modernos.
Esta é a representación dunha personaxe ficticia e iimaxinaria, un híbrido entre home e peixe feito de aluminio de 7 metros de longo nun pedestal moi elevado de feito de columnas de granito negro pulido de 12m de altura.
A escultura instalouse en 1991.
Cómo chegar
Para chegar ata o Sireno, só temos que dirixirnos á Puerta do Sol no barrio histórico de Vigo. Non pasa desapercibido.
Curiosidades
Durante o proceso de fundición do Sireno tívose que cortar en Madrid unha reprodución feita en poliestileno para entón proceder a soldar pezas de aceiro e antes diso realizaron parte dos traballos en Zaragoza.
En principio, a escultura íase chamar "Home-Peixe", pero nunha rolda de prensa, o concexal de urbanismo, que buscou explicar o proxecto rematou tan saturado coa persistencia e curiosidade dos xornalistas que acababou respondendo que era un "sireno", bautizando de esta forma á escultura con tal nome.