Monumento Rapto de Europa · Vigo
Como chegar, historia e imaxes do Monumento do Rapto de Europa. Este monumento creado polo escultor Juan José Oliveira (tamén creador do monumento dos Cabalos, moi coñecido en Vigo), simboliza a escena mitolóxica do rapto de Europa.
Como chegar a Monumento Rapto de Europa utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
Este monumento creado polo escultor Juan José Oliveira (creador tamén do monumento dos cabalos, ben coñecidos en Vigo), simboliza a escena mitolóxica do rapto de Europa.
A lenda
A lenda di que un día a fermosa Europa, princesa fenicia, xogaba no prado na compaña doutras mozas da rexión, e xuntas, contemplaban os marabillosos touros do pai, o rei.
Pero nun instante, un dos touros, que deslumbraba e destacaba pola súa cor branca fermosa, separousedo resto e achegouse a Europa, chegando a postrarse invitándoa a subir no seu lombo. Europa chea de confianza aceptou subirse sen esperar que o touro comezara a galopar se freos, secuestrando á princesa chea de terror.
O touro foi rapidamente a Creta e unha vez alí tomou forma humana. Para a sorpresa de Europa, este personaxe non era outro que Zeus, que cheo de desexo ppola xove, planeou unha artimaña para que ela non o poidera rexeitar, como fixera co resto dos seus pretendentes. Zeus posuíu a princesa e dese encontro naceron 3 fillos: Minos, Sarpidon Radamantes e
O pai de Europa, cheo de desesperación, andou e andou ó longo de todo-los camiños en busca da súa filla, chamando por ela en voz alta: "¡Europa!", non atopando resposta dela, e enton, todo-los habitantes deses lugares polos que pasou o rei acabaron chamando ó continente dese xeito. Ademais, tra-la morte de Europa, Zeus converteu en constelación a forma do touro, porque grazas a él puido secuestrar á princesa, pasando dende aquel intre a formar parte dos signos do zodíaco.
Cómo chegar
Esta fermosa escultura pódese localizar na rotonda que se atoma ó finalizar a Avenida de Europa e cruzarse con Avenida de Samil.