Museo Verbum (Casa das Palabras) · Vigo
Como chegar, horarios, prezos e imaxes do Museo Verbum (Casa das Palabras). É un museo interactivo moderno que permite coñecer e experimentar a través de xogos, con todas as formas de expresión da comunicación humana.
Como chegar a Museo Verbum (Casa das Palabras) utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A Casa das Palabras, máis coñecida como Museo Verbum de Vigo, é un dos que máis chama a atención.
Deseñado polo arquitecto galego César Portela, o Verbum é un moderno e interactivo museo que permite coñecer e experimentar a través de xogos, todo o relacionado con signos, sons, letras, palabras e linguas, é dicir, con todas as formas de expresión da comunicación humana. Foi deseñado como un espazo cultural, informativo e lúdico no que poder participar activamente cos elementos expositivos.
O deseño está organizado en vintenove cubos que conteñen oitenta e un módulos dentro do que se desenvolven os diferentes temas do museo: tecnoloxía, literatura, ciencia e linguaxe.
Alberga un Salón de Exposicións Temporais ademais dunha aula para seminarios e un auditorio. O museo realiza actividades interactivas para grupos escolares, familias e asociacións culturais.
A súa estrutura divídese en 4 pisos unidos por unha caixa de luz que as relaciona e atravesa entre elas, o que nos recorda ás famosas caixas chinas que desde a máis pequena ata a maior conteñense ente elas.
O museo tamén dispón dunha cafetería onde poder tomar algo cunhas boas vistas á praia.
Cómo chegar
O verbum é fácil de recoñecer cando chegamos á Praia de Samil xa que é o lugar onde se atopa este museo moderno. O enderezo é Avenida de Samil, 17 e ten un gran aparcadoiro ó seu carón.
Horarios e prezos
O seu horario é de martes a venres de 17:00 a 20:00. Os fins de semana e festivos o harario é de mañás de 12:00 a 14:00. Os luns o museo permanece pechado.
Os días 24, 25, 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro o museo pecha as portas. Non obstante, sempre recomendamos consulta-los horarios antes de realizar a visita xa que poden ser actualizados.
O prezo xeral é de 0,50€ pero tanto para aqueles que estean empadroados en Vigo como para menores de 14 anos, desempregados, familias numerosas, estudantes, xubilados e persoas con discapacidade, a entrada é gratuíta.