Parque de Castrelos · Vigo
Como chegar, historia e imaxes do parque de Castrelos. O parque de Castrelos é un dos grandes pulmóns da cidade de Vigo. É unha zona onde conviven varias especies e está situada na parroquia de Castrelos.
Como chegar a Parque de Castrelos utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
O Parque de Castrelos é un dos grandes pulmóns que existe na cidade de Vigo. É unha zona onde varias especies coexisten e están localizadas na parroquia de Castrelos, nunha antiga propiedade do marqués de Valladares.
Cunha extensión de 220.000 m2, este é o maior parque urbano da cidade, incluíndo os xardíns do Pazo de Quiñones de León. Está rodeado polo río Lagares cun coñecido paseo á beira do mesmo.
Este fermoso sitio é visita imprescindible para quen quera coñecer Vigo.
Ten un parque infantil para o disfrute dos máis novos e ideais para os atletas que desexen percorrelo a pé (camiñando ou correndo) ou en bicicleta e unha área marabillosa para que as persoas maiores poidan exercer a súa actividade rodeados de natureza e tranquilidade.
O percorre-lo recinto, tamén atoparemos o auditorio de Castrelos, o único auditorio ó aire libre de Vigo que nos recorda ós antigos teatros romanos. Neste auditorio todo-los anos no verán miles de persoas concentran no foxo privado e no entorno libre para asistir ós concertos que se programan aquí.
Outro dos puntos fortes deste magnífico parque, ademáis da súa beleza e servizos, é o gran Pazo de Quiñones de León e os xardíns do Pazo que alí se atopan.
A fonte e a lagoa tamén son unha verdadeira obra de arte para os que desexan contemplar unha infinidade de aves que ás veces se achegan ata os bancos. As garzas fan visitas ocasionales e tamén as ranas teñen espazo na zona.
Hai un fermoso paseo e un lago artificial escenario de moitas fotos de voda, rodeado por fontes, árbores antigas ligadas á historia do Pazo, baños ... en definitiva, un lugar que non nos podemos perder se buscamos qué facer en Vigo en pouco tempo.
Cómo chegar ó Parque de Castrelos
En Vigo hai varias liñas de autobuses que percorren a avenida de Castrelos. Este parque está moi preto da praza América, dende alí pódese dar un paseo pola avenida de Castrelos. O parque parece a primeira vista e ten varias entradas, pero recomendamos entrar pola porta principal (o acceso Avenida Antonio Palacios).
Horarios e prezos
O parque de Castrelos é de acceso libre e gratuíto, como tamén o é o Museo Municipal Quiñones de León que está dentro do recinto e que falamos con máis detalle no seu propio artigo.
Curiosidades
No auditorio de Castrelos cantaron grandes famosos como Metallica, Franz Ferdinand, Leonard Cohen ou Maná entre unha extensa lista de artistas a nivel internacional. Algúns, como Mike Oldfield,gustoulles tanto este auditorio que a pesar de teren concertada a súa actuación noutro auditorio vigués, fixo un cambio de plans e finalmente deron o seu concerto neste magnífico recinto.