Praia da Fontaíña (La Sirenita) · Vigo
Cómo chegar, historia, imaxes de Praia da Fontaíña (La Sirenita) - A praia da Fontaíña, tamén coñecida como "La Sirenita" é un areal de 280m de lonxitude por 40m de ancho, tranquilo...
Como chegar a Praia da Fontaíña (La Sirenita) utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A praia da Fontaíña, tamén coñecida como "La Sirenita" é un areal de 280m de lonxitude por 40m de ancho, tranquilo e recollido onde, a pesar de non estar catalogada como praia nudista, é un areal tolerante onde o que o desexe pode practicalo, sendo un dos poucos areais vigueses onde se permite.
Falamos dunha praia de area fina e branca que se localiza na parroquia de Coruxo.
É unha praia estupenda para ir en parella a disfrutar dun día relaxante. Ademáis ó seu redor podémonos atopar con numerosos bares.
É unha praia con boa accesibilidade posto que ten pasarelas de madeira que chegan ata a area, e dispón ademáis de dúas duchas e dunha fonte.
Cómo chegar
A praia de "La Sirenita" atópase na estrada Coruxo-Canido, aínda que hai dúas liñas regulares de autobus que chegan ata alí: a L10 e a L11.