Praia da Punta · Vigo
Como chegar, historia e imaxes de Praia da Punta. Esta praia caracterízase pola gran extensión de area que a conforma, que só é visible no momento en que a marea está máis baixa.
Como chegar a Praia da Punta utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A praia da Punta é mais coñecida dentro das 10 que compoñen o litoral de Teis. Tamén coñecida como Punta Areiño, esta praia caracterízase por unha gran extensión de area que a conforma, a cal únicamente é visible no momento no que a marea está máis baixa.
Durante a baixamar, pódese gozar dun bo paseo polo areal que queda descuberto mentres é rodeado polo mar, un gran areal de 50 metros de longo e 8 de ancho.
Tamén coñecida como Praia do Areíño, é estupenda para contempla-las súas augas cristalinas dende o paseo que a rodea.
Dispón de zonas verdes, aparcadoiro, 5 ramplas de acceso, 3 fontes, 5 duchas, posto de socorrismo, salvamento e servizos públicos adaptados para persoas con discapacidade durante o verán.
Cómo chegar
Para acceder á praia de A Punta podemos facelo dirixíndonos á parroquia de Teis, Avenida de Galicia. Podemos ir en transporte público con L17. Tamén podes acceder a pe desde o paseo da Guía ou desde a Praia da Lagoa.