Praia do Vao · Vigo
Como chegar, opinións e imaxes da Praia do Vao. Esta fermosa praia visitada maioritariamente pola mocidade é ideal para pasar as tardes de verán cos amigos, aprender a facer windsurf, xogar a un partido de fútbol ou saír a navegar.
Como chegar a Praia do Vao utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A praia do Vao atópase na parroquia de Coruxo. Cun areal de aproximadamente 800m de lonxitude e 45m de ancho, esta preciosa praia, visitada maiormente pola xuventude é ideal para pasa-las tardes de verán con amigos aprendendo a hacer windsurf, xogando un partido de fútbol ou saíndo a navegar.
A praia do Vao dispón dun paseo que en époza estival atrae a gran cantidade de turistas posto que é moi completa xa que conta con grandes aparcadoiros e prazas para discapacitados. Durante os meses de verán permanece aberto o posto da Cruz Vermella.
Ademáis dos servizos que mencionamos tamén poderemos disfrutar de duchas, fontes, megafonía, teléfonos públicos e campo de fútbol. Ademáis, pegada a esta praia poderemos atoparnos coa illa de Toralla, á que se pode chegar mediante unha ponte e na que poderemos gozar das dúas pequenas praias.
Cómo chegar
Para desprazarse ata a praia poderemos facelo tanto en coche como las liñas de Vitrasa L10 e L11.
Curiosidades
Existe una vila romana na zona de Toralla que é moi recomendable visitar.