Praia Mourisca (matadoiro) · Vigo
Como chegar, opinións e imaxes da praia Mourisca (matadoiro). Máis coñecida como Praia do matadoiro, é unha cala de area moi fina e augas tranquilas e transparentes de 90m de longo por 6m de ancho.
Como chegar a Praia Mourisca (matadoiro) utilizando Google Maps · Ver mapa
Descrición
A praia Mourisca, máis coñecida como praia do matadoiro é unha cala de area moi fina e augas tranquilas de 90m de lonxitude por 6m de ancho.
É coñecida como a praia do matadoiro debido á súa localización, xa que, xunto a esta praia atópase o antigo edificio do matadoiro, construción que foi remodelada e restaurada para dar vida ó Museo do Mar.
A praia da Mourisca é perfecta para ir con nenos debido á súa tranquilidade e é estupenda para calquera época do ano xa que, aínda que non vaiamos no verán, hai un paseo ao longo das praias polo cal podemos gozar dunhas vistas marabillosas xunto ao son relaxante do mar.
Cómo chegar
En Vigo, na parroquia de Alcabre, en Avenida Atlántida pódese acceder a través dun camiño compartido co Areal de Fontes ou tamén desde o aparcadoiro do Museo do Mar, pero este acceso é máis complicado. As liñas 15B, 15C e L10 déixannos a un paso da praia.